Saen a licitación as obras de urbanización do polígono da Tomada

    licitaciontomada.jpgPOBRA> As empresas interesadas terán de prazo ata o próximo nove de xaneiro para presentar as súas ofertas.

    {flowplayer}barbanza/licitaciontomada.flv{/flowplayer}

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, amosou a súa satisfacción pola nova da licitación das obras de ampliación do polígono industrial da Tomada. Un trámite polo que levaban, dende hai moito tempo, agardando, e que agora finalmente ve a luz, o que permitirá que os traballos de desmonte dos terreos previos á urbanización poidan iniciarse a principios de ano. A actuación conta cun presuposto de preto dos tres millóns de euros.

    Nove de xaneiro

    Dende o concello fan un chamamento a tódalas empresas interesadas en presentar as súas ofertas para poder levar adiante a obra. A data límite será o día nove de xaneiro.

    Redacción Barbanza