A corporación noiesa acorda o secuestro da concesión da piscina

plenonoiasecuestropiscina.jpgNOIA> Este trámite é o punto e final a un conflito, que dura xa varios meses, e que o equipo de goberno decidiu tomar ante a postura mantida pola empresa concesionaria.

{flowplayer}barbanza/plenonoiasecuestropiscina.flv{/flowplayer}

Coa aprobación do secuestro do contrato da concesión da explotación e o mantemento das instalacións deportivas da piscina municipal, un trámite que saíu adiante cos votos a favor de tódolos grupos políticos con representación municipal, o executivo noiés pretende dar por rematado un conflito que dura xa varios meses e que parecía enquistado. Aínda así, dende o PP acusaron ó equipo de goberno de incapacidade e de falla de xestión, criticando o feito de que teña que chegarse a estes extremos, como é o feito de proceder ó secuestro da concesión, e non ter actuado antes.

Actuación xustificada

Pola súa banda, o alcalde xustificou a súa actuación neste conflito, sinalando que pasados os quince días de prazo que o concello lle deu á concesionaria para que realizara nas instalacións as obras de mantemento necesarias e procedera a restablecer o servizo, e observando o incumprimento por parte desta de tal orde, víronse na obriga de tomar esta decisión, coma única saída ó problema.

Xestión directa

A partir de agora, unha vez se lle remita á empresa a correspondente rescisión contratual, será o concello quen asuma a xestión das instalacións, debendo facer fronte ás obras necesarias no seu interior, para proceder canto antes a reapertura das instalacións. A xestión da piscina será entón municipal, ata que o concello decida volver a sacar novamente a licitación o servizo.

Redacción Barbanza