A Deputación promove axudas ós conservatorios e escolas de música e danza

BARBANZA> As escolas de música e danza municipais e os conservatorios de trinta concellos da provincia da Coruña, entre os que se atopan o de Ribeira e Noia, poderán beneficiarse das axudas para o seu mantemento grazas a un programa da Deputación ó que se destinan máis de trescentos sesenta e mil euros. O obxectivo destas axudas é contribuír ó fomento das ensinanzas musicais e da danza a través dos centros de carácter municipal que están a ser fundamentais á hora do achegamento formativo á cultura, en especial, dos máis pequenos. A resolución pola que se aproba a concesión destas subvencións saíu publicada xa no Boletín Oficial da Provincia de onte e pode consultarse a través da rede na propia páxina web da institución provincial: www.dicoruna.es, no apartado BOP.