Mozos de Cambados mobilízanse para que ninguén quede sen Nadal

    fotonadalcopia.jpgCAMBADOS>Ningún veciño sen Nadal” é o lema da campaña que levará a cabo Asociación Xuvenil do Refuxio. Recollerán xoguetes e alimentos.

    {flowplayer}images/salnes/PtacNingunVecinoNadal.flv{/flowplayer}

    Se algo positivo se pode extraer da crise é que aínda que aumentan as necesidades, aumenta tamén a solidariedade. E a medida que se achega o Nadal máis aínda. Unha das ideas máis destacadas das que se están a poñer en marcha é a que xurde da Asociación Xuvenil do Refuxio de Cambados. Sen pensalo estes rapaces puxéronse mans a obra para que ningún veciño quede sen Nadal. 

    Así é que foron os propios rapaces da Asociación Xuvenil do Refuxio de Cambados os que se deron conta de cal era a situación pola que estaban a pasar moitas familias do municipio. Segundo os Servizos Sociais do Concello unhas 1200 familias ó ano precisan axuda. Unha cifra que non fai máis que aumentar.

    Esa recollida de xoguetes acabou converténdose tamén nunha recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade. Moitos establecementos están xa comprometidos coa iniciativa e ademais de doar tamén se servirán como punto de recollida. Os servizos sociais do Concello, que son os que contan coa información adecuada sobre a situación das familias, serán os encargados de repartir o recadado. Piden sobre todo, leite, azucre, aceite e tamén produtos de hixiene básica.

    Aínda que a recollida estará aberta ata principios de ano, agardan acadar a maior cantidade posible antes do día 24, para poder repartila a tempo.

    Redacción Salnés