Neixón obtén a catalogación de colección visitable

    coleccionvisitableneixon100.jpgBOIRO> O centro arqueolóxico do Barbanza, en Neixón, vén de dar un paso máis para converterse en museo de referencia.

    {flowplayer}barbanza/coleccionvisitableneixon.flv{/flowplayer}

    Neixón está de noraboa. Tras anos de duro traballo para conquerir o estatus xurídico de colección visitable, o consello da Xunta vén de darlle luz verde. Este catalogación garante que as pezas achadas nas escavacións poidan permanecer no centro, de referencia na comarca, en lugar de ser depositadas no centro arqueolóxico provincial.

    Esta declaración abre a porta a conseguir a catalogación de museo, a medio prazo, o que implicaría a necesaria ampliación das instalacións para poder acoller os máis de quince mil fondos con que conta.

    Na actualidade, os visitantes que se acheguen ata o centro poden contemplar unha mostra de 345 pezas procedentes das escavacións realizadas dende o ano 2003. as instalacións están abertas ó público de xoves a domingo e horario de mañá e tarde.

    Redacción Barbanza