RIBADUMIA> Ribadumia acolle unha exhibición de capoeira en favor da asociación Con Eles de Vilagarcía. Dende o día trece ata o quince realizaranse diferentes clases e exposicións deste deporte. A entrada e a participación e totalmente gratuíta.
O deporte máis solidario terá lugar este fin de semana en Ribadumia coa celebración da terceira Ginca Pela Humanidade. Serán tres días de clases e exhibicións gratuítas e que nesta edición colaboran coa asociacións Con Eles.
O obxectivo principal deste evento é a inclusión social.
O evento comezará o venres a partir das 21 horas. O sábado terán lugar diferentes clases durante a mañá e as primeiras horas da tarde e as 18 horas terá lugar a entrega de gradacións aos deportistas polo seu traballo feito durante o ano. O domingo continuarán as clases pero a máis importante é a que se impartirá a primeira hora, coa asociación Con Eles.
Á exhibición acudiran expertos deste deporte a nivel internacional. Unha cita para mostra que as ensinanzas da capoeira van moito máis alá do deportivo.
O evento terá lugar entre o auditorio e o ximnasio novo de Barrantes. A entrada é gratuíta tanto para asistir á cita como para participar nas diferentes actividades.











