Emgrobes celebra a súa terceira cea de confraternidade.

    grovedeouro_100.jpgO GROVE > A Asociación de empresarios Grovenses de Bens e Servicios, Emgroves, celebrou este sábado a terceira edición da súa cea-baile de confraternidade nun coñecido hotel da Toxa.

    A novidade deste ano foi a instauración da entreda do Grove de Ouro, un pin ca silueta do Concello elaborado no preciado metal, co que a asociación empresarial quere recoñecer a labor de certas empresas, persoas ou entidades que colaboran ou pertencen á mesma ou a súa división comercial, o Centro Comercial Aberto “De Tendas”.

    O galardoado nesta edición ano foi a entidade bancaria Caixanova; representada no acto polo seu director Territorial Manuel Soage. Él foi o encargado de recollelo pin de mans do alcalde, José Cacabelos e da presidenta da patronal Dolores Vázquez. A organización patronal tamén tivo a ben entregar cadanseu Grove, desta quenda en prata, outros tantos asociados que se veñen de xubilar: José Millán Fernández, Antonio Aguiño Aguín, Milagros Domínguez Lorez, e María Prieto Magdalena.

    Redacción Salnés.