O goberno de Ribadumia culpa a Somos Ribadumia e ao PSOE de mentir na xestión das multas de tráfico

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia responde a Somos Ribadumia e ao PSOE da vila polas acusacións sobre a xestión das multas de tráfico. O goberno local defende que non houbo externalización, senón un acordo plenario por unanimidade para adherise ao convenio da FEGAMP. Os Indpendentes cualifican a Enrique Oubiña e ao PSOE de mentireiros e irresponsables.

O concello de Ribadumia fixo fronte á primeira acusación que lle chegou neste mandato por parte da oposición. Curiosamente, as críticas partiron dos seus antigos socios de goberno, Somos Ribadumia e PSOE. Ambas formacións acusaron ao goberno de David Castro de externalizar a xestión das multas de tráfico na vila. Unhas acusacións que desmenten os Independentes, aclarando que o servizo o levan a cabo as empresas do FEGAMP tralo convenio acadado con unanimidade plenaria no 2018.

As acusacións foron vertidas ante o retraso na notificación das multas aos condutores que cometeron infraccións. Un feito que se produciu polos trámites á hora de cambiar a xestión do servizo.

Dado o retraso das notificacións, o concello mantivo a redución do 50% e deu a opción aos infractores de fraccionar o pago para reducir o impacto das multas. Por iso acusan a Enrique Oubiña e os novos responsables do PSOE de irresponsables.

O goberno de Ribadumia asegura que a partir de agora as multas serán remitidas sen retrasos.

Dende o goberno tamén quixeron matizar que a súa única competencia é a de remitir as infraccións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí