Bota a andar o obradoiro de emprego ‘Vionta’

    obradoiroempregovionta.jpgRIBEIRA> A iniciativa formativo-laboral prolongarase durante un período de medio ano e nela tomarán parte un total de 25 persoas.

    {flowplayer}barbanza/obradoiroempregovionta.flv{/flowplayer}

    Esta mañá botaba a andar en Ribeira o novo obradoiro de emprego ‘Vionta’ que se prolongará por un período de seis meses e terá un carácter formativo e laboral. Nel tomarán parte un total de 25 persoas, 18 homes e sete mulleres, todos eles maiores de 25 anos que estaban en situación de desemprego. O obradoiro disporá de dúas especialidades: albanelería e carpintería

    Local multitusos Carreira

    A principal actuación a desenvolver polos alumnos traballadores será o inicio da construción dun novo local social e multiusos na parroquia de Carreira, así como tamén construír mobiliario de madeira para os distintos departamentos municipais.

    Primeiro emprego

    Durante o acto o rexedor ribeirense avanzou tamén que dende o equipo de goberno estase buscando a colaboración do empresariado local para a elaboración dun novo plan orientado a facilitarlle ós mozos da localidade o acceso a un primeiro emprego.

    Redacción Barbanza