O atleta Reyes Estévez participará este ano na Sin-Son 10k

PORTO DO SON> Hai uns días presentábase a 11 edición da Sin-Son 10K, unha proba que co paso dos anos se está a converter nunha das carreiras populares de referencia a nivel galego.

A falla aínda dun mes para a súa celebración, xa que terá lugar o domingo 18 de decembro, xa hai un milleiro de inscritos, unhas cifras xa elevadas que veñen a evidenciar o tirón que ten esta proba.

A organización anunciou tamén o nome do corredor convidado este ano. Neste caso trátase do atleta internacional Reyes Estévez, que se suma a lista de grandes corredores que xa tomaron parte nesta carreira como é o caso de Martín Fiz, Chema Martínez ou Adrián Ben.

Ademais do día da carreira, a organización prepara tamén unha intensa actividade deportiva para a xornada previa do sábado coa celebración das carreiras escolares, como é costume, á que se unirá este ano tamén unha proba nocturna.

Ese día celebrarase tamén a feira do corredor, un evento paralelo na que o público asistente poderá asistir a charlas cos atletas, mercar nos postos de venda e participar no sorteo de material deportivo e outros premios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí