O cerco demanda máis cota de sardiña ante a proximidade do San Xoán

PORTO DO SON> A tan só dúas semanas do San Xoán, a cota de sardiña do cerco galego escasea. Dende ACERGA demandan que se autorice maior número de quilos, unha vez que os estudos ratificaron a recuperación do caladoiro.

ACERGA tratará de estirar as setecentas toneladas que restan de cota de sardiña ata o San Xoán. Algo máis cara vai a sardiña pero non moito, entre euro e euro e medio. O límite de mil cincocentos quilos fai que a actividade apenas sexa rendible para unha flota da que viven moitas familias.

Agardan que o goberno central teña en conta o éxito do plan de recuperación da especie desenvolvido durante os últimos anos e permita incrementar o cupo diario, sobre todo nesta época onde se incrementa a demanda de sardiña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí