A Mancomunidade crea a Ruta do Pai Sarmiento

    VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés vai a impulsar un novo roteiro turístico: a Ruta do Pai Sarmiento.

    {flowplayer}images/salnes/rp_mancomunidade.flv{/flowplayer}

    Un percorrido que recreará a viaxe feita fai tres séculos polo relixioso pola comarca do Salnés para gañar o xubileo; o que foi o cerne da Variante Espiritual do Camiño Portugués que agora terá esta nova vertente por tódolos concellos que desta volta si, toca a tódolos Concellos da Comarca.

    No eido turístico, a Mancomunidade do Salnés inaugura este próximo luns unha nova edición do seu obradoiro de Hostalería do Centro da Lanzada. Aquí formarán a unha nova remesa de futuros traballadores do sector terciario.

    E é que conscientes de que falla formación neste senso, a Mancomunidade ven de solicitar ó Conselleiro de Educación que se impartan graos ou formación profesional específica sobre turismo nesta comarca dadas as súas potencialidades.

    O titular desta carteira autonómica, Xesús Vázquez, valorou positivamente esta petición, co que a Mancomunidade xa está a traballar para que esta formación puidese chegar ó Salnés no curso 2012-2013, co fin de adecuar a educación ás necesidades e demandas do mercado laboral.

    Redacción Salnés