“Nicky” case non deixa danos ó seu paso polas Rías Baixas

    O SALNÉS> As Rías Baixas continúan baixo a influencia do temporal Nicki.

    {flowplayer}images/salnes/incidencias_temporal_salnes.flv{/flowplayer}

    O peor estase a vivir no mar onde a flota permanece amarrada a porto na súa totalidade ante as fortes rachas de vento, media vaga e ondas de ata os 7 metros de altura na Ría de Arousa que se manterán na xornada de mañá. Xa na terra, a Consellería de Educación decidiu manter as clases no día de hoxe non así as actividades ó exterior. No Concello de Caldas o encoro atópase a piques de rebordar co que xa se adoptaron as medidas de precaución precisas no entorno do Concello e das palmeiras. Os efectivos de Protección Civil están alerta ante calquera posible incidencia.

     No resto dos Concellos das Rías Baixas a penas se rexistraron incidencias de consideración máis aló de pequenos asolagamentos, como este do río Umia ó paso polo lugar de Vilanoviña, en Meis; habitual nos días de intensa pluviosidade coma este. Outro incidente semellante acontecía á entrada de Pontevedra, no lugar de Campañó, onde o río medraba ata superar o nivel da estrada neste lugar, dificultando a circulación rodada. Tamén en Pontearnelas, Ribadumia, a auga volvía a facerse dona do primeiro andar do club de piragüismo e de todo o entorno.

    Entre as comarcas con maior volume de auga recollida de Galicia destacada a do Barbanza e Muros e Noia. Cabe destacar tamén as fortes rachas de vento de en torno ós 100 quilómetros hora que azoutaron esta noite os nosos Concellos e que a penas deixaron danos ó seu paso.

    Este vento deixou incidencias de escasa importancia nas Rías Baixas como caídas de contedores do lixo, árbores nas estradas ou asolagamentos de baixos.

    Redacción Salnés