VILAGARCIA> A campaña de promoción do comercio local do BNG chega á Arousa. Esta mañá os nacionalistas presentaron esta iniciativa que desenrolan a nivel nacional para que neste Nadal se compren nos pequenos comercios e productos galegos. O BNG do Salnés ven de presentar tamén na Arousa a súa campaña de promoción do pequeno comercio e dos productos galegos. O Coordinador comarcal, Xoán Antonio Allegue, e a Deputada Autonómica Montserrat Prado, reivindicaban o valor do noso, tamén á hora de mercar. Os nacionalistas entenden que o comercio está desprotexido tralos últimos cambios lexislativos a nivel estatal. É por isto polo que piden medidas correctivas desde o Goberno Galego. E sendo a presentación en Vilagarcía, non se podía obviar a polémica sobre a posibilidade de implantar unha gran área comercial neste Concello. Desde o Bloque néganse a que se cree un centro comercial na comarca. Segundo os datos que manexan desde o BNG, en Galicia hai arestora case un millón de metros cadrados en grandes áreas comerciais, o que supón un exceso de oferta para á poboación galega para á que non hai demanda. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/bng_comercio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/bng_comercio_vilagarcia.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas






