O tramo final do río do Con desviarase pola rúa Florida

    augas_galiciacopy.jpgVILAGARCÍA> Así o anunciou esta mañá o Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, trala xuntanza que mantivo co alcalde.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_FOLE_AUGAS_GALICIA.flv{/flowplayer}

    O caudal do río do Con de Vilagarcía, ó seu paso pola rúa Rodrigo de Mendoza, desviarase no seu tramo final pola rúa Flores. Deste xeito, tentaranse controlar, explicou esta mañá o presidente de Augas de Galicia, os problemas de inundacións que padecen cada ano os veciños desta zona.

    Ademais, aforrarán douscentos cincuenta mil euros con respecto ó proxecto inicial. A obra licitarase antes do segundo trimestre do 2012.

    Cando menos este é o compromiso que adquiriron esta mañá o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e o Presidente de Augas de Galicia na xuntanza que mantiveron en Ravella. Ambos saíron satisfeitos da reunión onde afondaron nos prazos para a execución do novo proxecto que afectará ó caudal do río do Con. A obra consistirá no desvío do tramo final ó seu paso pola rúa Rodrigo de Mendoza para desembocar pola rúa Florida.

    Ademais, Fole achegoulle ó responsable de Augas de Galicia a súa intención de acondicionar o entorno da presa do Con, proposta que tamén viu con bos ollos. En relación ós vertidos, asunto que tamén abordaron na xuntanza, a entidade autonómico recoñeceu que xa están traballando neste senso no marco do Plan de Saneamento Local.

    Redacción Salnés