A Peixería estrea pista de patinaxe sobre xeo a prezos populares

    VILAGARCÍA> A pista estará aberta ata o vindeiro 27 de xaneiro. Os prezos: 7,50 euros por unha hora e 10 sen límite de tempo.

    {flowplayer}images/salnes/PatinaxeFexdega_141212.flv{/flowplayer} 

    A pista estará aberta a partir de agora tódolos días da semana de xeito ininterrumpido ata o día 27 de xaneiro, de 9 a 14 horas e de 16:30 a 22. Hoxe, o primeiro en probala, aínda que lle custou o seu, foi o concelleiro de cultura e xuventude, Francisco González. O alcalde, preferíu non arriscar.

    A pista de xeo ten 300 metros cadrados e dispón de 300 patíns de tódalas tallas, incluso algúns de dobre cuchilla especiais para os máis pequenos.

    Se ben noutros anos estivo situada en Fexdega, desta volta optouse pola Peixería, un lugar máis céntrico. 

    Os prezos sitúanse dende os 7,50 euros a hora ata os 10 euros, un abono que permite patinar sen límite de tempo. A empresa organizadora, Invernalia Ice Park, ofrecerá precios especiais para grupos e colexios e regalou ó concello 1.500 entradas para repartir entre estudiantes e colectivos de desfavorecidos.

    Redacción Salnés