Éxito dos escumosos Rías Baixas na súa presentación en sociedade

    fotocatacopia.jpgCAMBADOS> As cinco adegas que puxeron en marcha este proxecto presentaron os seus viños acompañados de ostras 

    {flowplayer}images/salnes/PtacEscumososCambados.flv{/flowplayer}

    Como xa lles vimos anunciando estes días, este Nadal será o primeiro que poderemos brindar con escumosos amparados baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Este sábado as cinco adegas que puxeron en marcha este proxecto presentaron os seus viños en Cambados. Foi a presentación en sociedade dun produto ó que dende o sector se lle augura xa un gran futuro.

      Unha cata na que comprobar as marabillas dos escumosos Rías Baixas e facelo ademais, da man doutro dos produtos destacados de Cambados, a ostra. Unha maridaxe perfecta para coñecer estes viños e as súas posibilidades.

    Con estas palabras inauguraba o alcalde de Cambados esta posta de largo destes seis escumosos. Seis elaboracións de cinco adegas, Mar de Frades, As Laxas, Coto Redondo, Eidosela e Pablo Padín. Cinco valentes que se embarcaron nun proxecto que tras anos de investigación veu por fin a luz.

    Que brindemos en Nadal e que o fagamos tamén durante todo o ano, xa que este produto chega con intención de quedarse. E o apoio do Consello semella o mellor paraugas.

    Un futuro ó que se enfrontan sen complexos e con ambición.

    Pois cos ollos postos neses concursos e coas esperanzas nesta primeira saída ó mercado, estas adegas afrontan este novo proxecto.

    Redacción Salnés