Rosa Quintana inaugura un pioneiro sistema de produción de porco celta

porcoceltanebra.jpgPORTO DO SON> A iniciativa, que se desenvolve nun monte de Nebra, está impulsado pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta e os comuneiros desta parroquia sonense.

{flowplayer}barbanza/porcoceltanebra.flv{/flowplayer}

A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, Asoporcel, e a comunidade de montes de Nebra desenvolven en terreos veciñais pertencentes a esta última entidade unha iniciativa pioneira para a crianza do porco celta en extensivo. A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, acompañada entre outras autoridades polo secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, realizaba unha visita ás instalacións nas que se desenvolve este sistema de produción porcina, que conta co apoio económico da súa Consellería. Na súa intervención destacou o potencial deste tipo de explotacións de porcino en extensivo como unha clara opción na diversificación da actividade gandeira, favorecendo deste xeito a posibilidade de rendas complementarias neste ámbito e evitando o despoboamento no rural galego.

Importantes vantaxes

Entre as vantaxes da experiencia é que os animais, uns 50 porcos celtas, ademais de ofrecer produtos de alta calidade para a gastronomía, contribúen tamén a manter o monte limpo e, o que posibilita un menor risco de lume na zona.

Redacción Barbanza