![]()
VILAGARCÍA> O Ministerio de Fomento investíu 20,5 millóns de euros en melloras do porto vilagarcián.
{flowplayer}images/salnes/AnaPastorPorto_171212.flv{/flowplayer}
A ministra de Fomento inaugurou as novas instalacións do Porto de Vilagarcía, unhas obras nas que se investiron 20,5 millóns e medio de euros. Incluíron un novo edificio para o posto de inspección fronteiriza, a ampliación do peirao comercial oeste e o dragado do canal de entrada e círculo de manobra.
A ministra resaltou na súa intervención o bo momento que viven os portos españois, e en especial o de Vilagarcía, onde o tráfico de mercadorías medou nun 26% nos dez primeiros meses do ano con respecto ó mesmo período en 2011.
Tanto a ministra, como a presidenta da Autoridade Portuaria vilagarcián, Sagrario Franco, referíronse a esta actuación como unha inversión de futuro.
Segundo datos facilitados polo Ministerio, o novo posto de inspección fronteiriza contará con tódalas instalacións precisas para a revisión de todo tipo de productos. A ampliación do peirao comercial permitirá ó porto dispoñer de 505 metros lineais maís de atraque e 25.000 metros cadrados de superficie de almacenamento. O dragado do canal aumentou os calados da zona de acceso e manobras ata os dez metros de profunidade.
Por outra banda, Ana Pastor anunciou que dende Fomento estase a traballar para chegar a un acordo antes de final de ano coa concesionaria que xestiona a AP9 para rebaixar o custe das peaxes.
Redacción Salnés








