O concello de Cambados a demoler unha vivenda de Vilariño

    CAMBADOS> Unha sentenza obriga ao concello de Cambados a executar o derribo dunha vivenda que xa fora ordenado hai 12 anos. O inmoble que se atopa na avenida de Viñariño, foi construída sen licenza e abríronse ventás e portas a unha servidume de paso, sen retranquear na a construción. Alá polo ano 2005, o por aquel entonces alcalde de Cambados, e hoxe delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, ordenou o derrumbe dunha vivenda na avenida de Vilariño, en Cambados. Un derribo que non chegou a executarse, a pesar de que xa pasaron 12 anos. Rodrigo Mártinez, veciño de esta edificación denunciou ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra esta situación, que lle dou a razón, e ordena o concello que execute a demolición ditada hai xa máis dunha década. Segundo o demandante, veciño da casa colindante, a edificación era ilegal ao executarse sen licencia. Ademais abríronse ventás e portas a unha servidume de paso, sen retranquear a construción. Este cambadés sinala que a pesar de que os tribunais xa lle deron a razón no seu momento, ningún dos tres alcaldes que tivo a vila ata o de agora procedeu a demolición. Por iso acudiu de novo aos xulgados onde denunciou ao concello de Cambados por “inactividade da administración” A nova sentenza obriga ao Concello executar a resolución ao considerar que a resolución no 2005 foi notificada debidamente, e que existiu inactividade por parte do concello. Os demandados alegaron que os feitos prescribiron xa, pero a maxistrada sinala que iso non é así, pois a prescrición de este caso faríase efectiva aos 15 anos.