SANXENXO> Sanxenxo porá catro vivendas a disposición dos médicos que se trasladen este verán á vila para cubrir as prazas de reforzo. O concello e a consellería de sanidade asinaron un convenio para aumentar o persoal do centro médico de Baltar e atraer aos profesionais sanitarios a seleccionar estas prazas. En total serán catro médicos de atención primaria que tamén reforzarían o ambulatorio de Vilalonga.
Cada verán a poboación de Sanxenxo multiplícase por 6, superando os 100 habitantes. Un crecemento de persoas que fai necesario reforzar moitos dos servizos da vila, entre eles a sanidade. Para iso a consellería reforzará con 4 prazas o centro médico de Baltar. Para garantir que estas prazas se cubran, o concello e a xunta asinaron un convenio para poñer unha vivenda a disposición dos médicos que acepten esas prazas de reforzo durante o verán.
A iniciativa terá lugar en Sanxenxo como programa piloto agardando que se poida estender a máis concellos. Dende o Sergas sinalan que esta oferta podería atraer a profesionais doutras comunidades e dar resposta así aos problemas que teñen para atopar médicos de atención primaria.
Estas catro prazas permitirán cubrir as baixas puntuais por vacacións e reforzar o equipo sanitario tanto no ambulatorio de Baltar como no de Vilalonga.
Unha vez asinado o convenio, o concello pechará coas catro vivendas os contratos de aluguer de xullo a setembro. Os médicos interesados xa poden solicitar este traslado temporal.