Os toldos vilagarciáns, a revisión

    VILAGARCÍA> O conflito das terrazas en Vilagarcía podería estenderse aos comercios. E é que segundo o PXOM da vila, os toldos non poden colgar a unha altura inferior aos 2 metros e 10 centímetros. Aínda que o sector asegura que as proteccións nunca xeraron problemas, recoñecen que, coa norma na man, moitos terían que retirarse.

     

    Moitos toldos que protexen os escaparates dos comercios de Vilagarcía incumpren o PXOM. Segundo a norma, as proteccións só se poden instalar en rúas peonís de 9 metros de ancho. Se teñen tráfico, a beirarrúa debe superar os 2,30 metros e, en ningún caso, poderán colgar a unha altura inferior aos 2,10 metros.

    Coa norma na man, moitos terían que retirarse. Pero polo de momento, o concello non ve ningunha problemática aberta co sector. Tampouco os comerciantes.

    Esta sintonía non é tan boa entre concello e hostaleiros. A guerra entre o goberno local e algúns establecementos continúa e a semana pasada a alcaldía emitía unha resolución na que se mandaban retirar as terrazas sen licenza baixo ameaza de multa.

    Segundo Fole, a orde cumpriuse con normalidade. Agora, o concello continuará analizando as solicitudes para instalar as terrazas.

    E é que o alcalde recordou que, para ocupar solo público, é preciso que haxa unha licenza previa. Tamén apelou á unión e asegurou que o concello traballa para atopar solucións que satisfagan a todo o sector hostaleiro. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/informes_terrazas_zona_aberta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/informes_terrazas_zona_aberta.mp4{/flowplayer}