José Luís Vilanova anima ós empresarios a votar mañá na Cámara

    vilanova_pena100.jpgVILAGARCÍA> A Cámara de Comercio elixe mañá ós novos vocais. Entre os candidatos está o empresario José Luís Vilanova, …

    {flowplayer}images/salnes/vilanova_pena.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Cámara de Comercio elixe mañá ós novos vocais da súa xunta directiva. Entre os candidatos está o empresario ribadumiense José Luís Vilanova, quen hoxe compareceu ante os medios de comunicación para criticar a falta de información sobre este proceso electoral por parte da Cámara.

    José Luís Vilanova considera que a Cámara de Comercio está de costas ós empresarios e afirma incluso que estes descoñecen ós vocais que os representan na entidade. En caso de conseguir mañá a vocalía á que aspira, promete abrir máis a cámara ós seus asociados.

    Este candidato anima a participar mañá nas eleccións da Cámara, unha entidade que considera se debe implicar máis na defensa do colectivo empresarial.

    A xornada electoral de mañá discorrerá entre as nove da mañá e as nove da noite, cun colexio en Vilagarcía e outro na Estrada. Os autónomos bastará con que presenten o DNI pero os representantes das Sociedades han de amosar ademais unha copia da escritura da empresa.

    Redacción Salnés