O Hospital do Salnés abre o segundo andar

    segundo_andar_hospital100_011008.jpgVILAGARCÍA > O Segundo Andar do Hospital do Salnés xa está operativo. Rematan así, os traslados ao CHOP definitivamente, …

    {flowplayer}images/salnes/SEGUNDO_ANDAR_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Segundo Andar do Hospital do Salnés xa está operativo. Rematan así, os traslados ao CHOP definitivamente, e amais, os auxiliares deixarán de facer os traslados de pacientes aos quirófanos, do acompañamento ás probas e das labores de papelame , xa que dende onte, dispoñen de 18 novos celadores.

    Os novos celadores, que proveñen das listas de contratación da Dirección Provincial do Sergas, súmanse ao cadro de persoal de traballadores, para facer as tarefas propias deste colectivo, que ata o de agora, estaban desenvolvendo auxiliares. A incorporación dos celadores, ven dada pola reapertura do segundo andar, e supón un aumento de corenta camas sobre as que estiveron operativas durante estes meses nos que estivo pechado.

    Así, remata tamén o operativo de traslados ao Complexo Hospitalario de Pontevedra. No Hospital do Salnés falta agora rematar o Terceiro Andar, que estará listo nuns meses e que suporá trinta e dúas camas mais, destinadas a pacientes de medicina interna e illamentos. O cadro de persoal, volverá a aumentar con profesionais destinados a este andar, cando estea rematado.

    Redacción Salnés