A Mancomunidade ofrece un sistema para ‘levar o Salnés no móbil’

    novosistemapromocionturist_100_090807__still_001.jpgSALNÉS > Promociona-la comarca do Salnés a través do teléfono móbil e de xeito completamente gratuíto.

    Ésta é a nova proposta da Mancomunidade que ven de presentar un novo proxecto realmente innovador. Trátase de recibir información sobre os 9 concellos da comarca de xeito gratuíto. O único requisito é ter un teléfono con Bluetooth e achegarse ata unha oficina de turismo.

    novosistemapromocionturist_300_090807__still_002.jpgO presidente e o xerente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez e Ramón Guinarte, foron os primeiros en baixarse o novo programa de información turística que está a poñer en marcha a entidade comarcal. Grazas a un receptor que funciona 24 horas ó día durante todo o ano, cada vez que pasamos preto dunha oficina de turismo e levemos conectado o bluetooth nos chegará unha mensaxe. Só hai que darlle a descargar e teremos no noso móbil todo tipo de información en varios idiomas: dende mapas e números de teléfono de restaurantes ata as mellores praias ou os museos da comarca. Incluso fotos e unha breve historia de cada concello. E pronto haberá máis información, xa que cada concello podería incluír unha axenda cultural ou festiva que levemos sempre con nós. E o mellor: totalmente gratis.

    Redacción Salnés