Os comerciantes buscan esquiva-la crise con Pontenadal

    PONTEVEDRA> A feira permanece aberta na paza do Teucro dende o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro.

    {flowplayer}images/salnes/Pontenadal_241212.flv{/flowplayer} 

    Productos de alimentación roupa, calzado, complementos, xoiería ou atesanía. Un auténtico mercado instalado na praza do Teucro. Pontenadal é xa un clásico destas datas. Unha feira organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra e que conta coa colaboración do concello. Ata o de agora os comerciantes amósanse cautos cos resultados. Polo momento, aínda que a afluencia de público mantense con respecto a outros anos, o ritmo de ventas diminuíu.

    Con todo, iniciativas coma esta, que permite á xente atopar calquera tipo de producto en apenas 500 metros cadrados, están ben vistas polos comerciantes que buscan aquí atopar uns ingresos extra cos que combater a crise.

    Pontenadal estará aberto ata o 5 de xaneiro, de 11 a 14 horas e de 17 a 22. Tan só pechará no día de Nadal e en Aninovo.

    Redacción Salnés