RIBADUMIA> Detido en Ribadumia un presunto xihadista. Trátase dun home duns 30 anos de orixe palestina. A Policía Nacional desenvolveu nas últimas horas un operativo que se está a levar directamente dende Madrid.
O dispositivo tivo lugar na zona de Sisán, onde o home tiña alugada unha vivenda. Os axentes rexistraron ese inmoble, onde se terían incautado de diverso material informático.
As primeiras informacións apuntan que consumía e difundía a través da internet material violento con contido de carácter terrorista. O varón xa foi traladado a Madrid, onde quedou a disposición da Audiencia Nacional.
Dende a Delegación do Goberno en Galicia apelan á prudencia ante este caso e a deixar traballar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.












