O novo centro de saúde substituirá ó edificio da Comandancia da Mariña

    centro_saude_vilagarcia_100_110209.jpgVILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria cedeu as instalacións á consellería de Sanidade e ó concello para a construcción deste punto de atención primaria

    {flowplayer}images/salnes/110209_novo_centro_saude_vilagracia.flv{/flowplayer}

    …A construción deste centro de atención primaria permitirá mellorar a asistencia sanitaria e adaptarse ó crecemento demográfico da vila, que segundo as estatísticas, acadará os 42.000 habitantes máis no 2017.

    O novo centro de saúde de Vilagarcía permitirá unificar e ampliar os servizos de atención primaria ata o de agora prestados polo ambulatorio de San Roque. Estará emprazado na avenida da Mariña, no antigo edificio da Comandancia, unha parcela cedida pola Autoridade Portuaria á consellería de Sanidade. Durante a sinatura do protocolo no que se recolle esta cesión, a titular de Sanidade asegurou que xa están a traballar para que o novo centro de saúde se converta canto antes nunha realidade. Unha actuación que podería roldar os catro millóns de euros de orzamento.

    Para a alcaldesa de Vilagarcía, a construción deste consultorio axústase ós plans do concello de recuperar o casco antigo do municipio, e caracterizou a actuación como un proxecto dinamizador da cidade.

    O presidente da Autoridade Portuaria amosouse satisfeito de que a colaboración entre as administracións permita levar a cabo obras básicas para os cidadáns, e uniuse á alcaldesa na petición de que o edificio conte cun deseño arquitectónico atractivo e acorde co entorno portuario.

    Durante este acto, a conselleira de Sanidade repasou outras actuacións que o SERGAS está a levar a cabo en Vilagarcía, como a mellora das instalacións no centro de Saúde de San Roque ou a reunión nun mesmo edificio da Unidade de Condutas Aditivas e o dispositivo de Saúde Mental. María José Rubio referiuse tamén ás obras do Hospital do Salnés. Segundo a titular de sanidade, a primeira fase de ampliación podería estar rematada en abril, e inmediatamente procederase á licitación da segunda fase do Plan Director.

    Redacción Salnés