A reforma do aparcadoiro disuasorio de Barrantes estará rematada en abril

RIBADUMIA> En Ridabumia, avanzan os traballos de construción dun aparcadoiro disuasorio na contorna da autovía do Salnés e do acceso á ruta da Pedra e a Auga. Con máis de 70 prazas, o seu obxectivo principal é fomenta-lo uso compartido dos vehículos entre varias persoas. Tamén se están facendo outras áreas deste tipo na contorna da vía de alta capacidade, á altura de Vilaxoán, e outra en Caldas, preto da entrada da autoestrada.

As obras do aparcadoiro disuasorio de Ribadumia avanzan a bo ritmo. Está situado ao carón da Autovía do Salnés, preto dun dos acceso da ruta da Pedra e a Auga. O seu obxectivo principal é que sirva de punto de estacionamento de vehículos, para fomenta-lo uso compartido do coche.

Á área de estacionamento serve tamén para os usuarios da ruta da Pedra e a Auga. De feito, antes do seu arranxo, eran xa moitos os que optaban por deixa-lo seu vehículo aquí para subir ata A Armenteira.

O proxecto estase executando nun tempo récord, logo da expropiación por parte da Xunta. Está sendo financiado con fondos europeos a través do Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia do Goberno central, transferidos á Xunta. A previsión do goberno galego é que estea rematado no mes de abril.

Na nosa contorna estanse habilitar áreas deste tipo noutros dous puntos. Na vía de alta capacidade que vai a Vilagarcía, na contorna da rotonda de Vilaxoán, e tamén en Caldas, na zona de Saiar, preto do acceso á AP9. Neste último caso, o proxecto avanza máis  lento por mor dunhas torretas eléctricas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí