PONTEVEDRA> A última gañadora do Premio Emprendedor e á Innovación da AJE, Lola Palacio, preséntanos a súa última creación.
{flowplayer}images/salnes/THEGLASSCONCEPT.flv{/flowplayer}
Como soporte no que anotar ideas nas oficinas, como encerado en academias, para apuntar todo aquilo que non queremos que se nos esqueza na casa, como proxector de imaxes, para ver radiografías e, por que non, como elemento de decoración ou separación de espazos. Todo isto e máis é o que nos ofrece Lola Palacio coa súa primeira creación á fronte de ‘THEGLASSCONCEPT’, pizarras de vidro rotulables e multifuncionais.
Con apenas un ano de andaina á fronte deste proxecto, Lola Palacio conta xa cunha ampla carteira de clientes. Empresas como Apple, Mapfre ou o Centro de Investigacións de Enerxías xa contan cos servizos de THEGLASSCONCEPT. Pero non só as grandes empresas acceden a este produto. Tamén está ó alcance de particulares. Para eles están traballando nun soporte online de compra no que poder adquirir todo o abano de pizarras que ofrecen, do máis variado, tanto en cores como formatos. E de precisarse, incluso as elaboran a medida.
Este deseño permitiu xa a Lola Palacio recibir este ano dous recoñecementos, o premio á Innovación da Asociación de Novos Empresarios Galicia, e o premio emprendedor deste mesmo colectivo en Pontevedra. Palacio recoñece que desde que obtiveron estas distincións a promoción de THEGLASSCONCEPT estase disparando. Pero non esquece os inicios. Coma outros emprendedores, moi duros.
Así que xa saben, se aínda non atoparon ese agasallo co que sorprender este Nadal, THEGLASSCONCEPT pode ser unha opción orixinal.
Redacción Salnés