As análises da auga permiten izar a bandeira verde nas praias da Concha e Compostela

    VILAGARCÍA> A bandeira verde volve ondear nas praias da Concha e Compostela. Ravella recibiu esta mañá os resultados das análises que despexan as dúbidas sobre a calidade das augas dos areais. No concello preocupa a frecuencia coa que se dan estes episodios, por iso piden á Xunta que sente co goberno local para buscar unha solución permanente.

     

    Despois de catro días, a bandeira verde volve ondear nas praias urbanas de Vilagarcía.

    A bandeira amarela izouse o xoves tras detectarse na mostra analizada a principios da semana pasada que os niveis de fecais superaban lixeiramente o máximo que permite a lei. A nova análise realizouse o mesmo xoves, pero os resultados non chegaron ata onte. Unha tardanza que lamentou Mouriño. 

    Esta é a segunda vez no verán que se ten que izar a bandeira amarela nas praias da Concha e de Compostela. Hai só quince días, un episodio semellante ao da pasada semana obrigou a desaconsellar o baño nestes areais.

    En Ravella preocupa a frecuencia coa que se están a producir os episodios. Por iso piden un encontro coa Xunta para buscar solucións permanentes.

    Mouriño recordou, tamén, que o saneamento da ría é unha reclamación que tamén fan dende o sector do mar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/contaminacion_praia_concha.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/contaminacion_praia_concha.mp4{/flowplayer}