Pontearnelas prepárase para o último mercado do ano

    VILANOVA> Os organizadores agardan que a choiva lles dea unha tregua tralo temporal do día 16.

    {flowplayer}images/salnes/PreviaFeiraPontearnelas_271212.flv{/flowplayer} 

    O pasado 2 de decembro retomábase a celebración do Mercado de Pontearnelas, logo de máis de 60 anos esquencido. Unha feira que é de carácter quincenal e que pretende consolidarse no tempo. Precisamente, o tempo, neste caso o climatalóxico, impedíu a súa celebración o día 16. Para este domingo 30, contan con que a choiva lles dea unha tregua e repetir o éxito da xornada inaugural en canto a número de visitantes e ventas.

    Alimentación, artesanía ou roupa serán algúns dos productos que se poderán atopar este domingo nos case 85 postos que xa están reservados. Haberá practicamente de todo.

    A recadación pola ocupación do terreo, cóbrase a euro e medio por metro lineal, irá a parar a mans da comsión de festas de Santa Marta, que organiza o mercado coa colaboración da Mancomunidade do Salnés e dos concellos de Vilanova, Ribadumia e Meis.

    Redacción Salnés