A piscina de Noia segue a amplíar servizos trala reapertura

funcionamentopiscinanoia100.jpgNOIA> A piscina municipal de Noia xa funciona a pleno rendemento despois de que o pasado 22 de decembro reabrira as súas portas.

{flowplayer}barbanza/funcionamentopiscinanoia.flv{/flowplayer}

Tras acordar en pleno o secuestro da concesión da piscina municipal, o concello de Noia realizou unha serie de actuacións de rehabilitación e mantemento que permitiron a reapertura do recinto.

Actualmente as instalacións funcionan xa a pleno rendemento con importantes melloras respecto ó estado que presentaban antes do peche.

Na actualidade, xa son moitos os usuarios que volveron aboarse como socios, e dende a administración da piscina están a realizar unha campaña informativa sobre as actividades que ofertan.

Xa que nas datas festivas soe rexistrarse un descenso dos usuarios, agardan que a partir da próxima semana comecen a producirse nova altas ata acadar o anterior número de socios.

Redacción Barbanza