Continúa o peche dos afectados polas preferentes en Sanxenxo

    SANXENXO> Os afectados polas participacións preferentes continúan co seu peche no Salón de Plenos do Concello de Sanxenxo…

    {flowplayer}images/salnes/peche_preferentes_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … para facer oír as súas protestas. Por quendas, pasan as horas aquí á espera de que os chamen para poder someterse á arbitraxe. Esta noite pasada foi a primeira de varias das que presumiblemente pasarán neste peche ata que sexan escoitados.

    O proceso da arbitraxe continuará namentres o Banco de España troque as participacións preferentes por accións de Novagalicia Banco, tras someter cada inversión a unha quita do 50 %. Os afectados enterábanse de novo polos medios de comunicación. Ó longo das últimas horas estes afectados recibiron o apoio de varios colectivos como a Asociación de Veciños de Portonovo, Cáritas e outros asociacións.

    Uns folgos que tamén lles chegaron de varios políticos, como a rexedora local Catalina González. Porén votan en falla calquera atención de Mariano Rajoy quen ultimamente permaneceu estes días neste Concello.

    De seguiren así as cousas, os afectados terán que pasar a noite de Reis na Casa Consistorial. O máis pequeno deles ten clara a súa petición.

    Redacción Salnés