Os atascos diarios en Noia causan malestar entre os comerciantes

caoscirculatorionoia_100_190808.jpgNOIA > A falla de axentes en activo no corpo da policía local de Noia está a ocasionar serios problemas ós empresarios da vila

Ó incremento dos roubos nos comercios nas pasadas semanas vense sumar o caos circulatorio que cada día se vive nas principais rúas do casco urbano.

Queixas constantes

Dende a asociación de empresarios de Noia xa non saben que facer. Dende hai meses son frecuentes as queixas dos socios da patronal polos problemas de tráfico que se rexistran no casco urbano da vila, o que dificulta a realización do seu traballo e diminúe a afluencia de clientes.

Se ben, no centro da localidade sempre se rexistraron atascos a situación viuse agravada ante a falla de axentes da policía local que regulen o tráfico.

{flowplayer}barbanza/caoscirculatorionoia.flv{/flowplayer}

Busca de solucións 

Por iso, os empresarios solicitan que se axilicen as conversacións entre o concello e o corpo de seguridade para recuperar a normalidade e que, mentres tanto, se habiliten solucións alternativas para garantir, na medida do posible, a fluidez do tráfico.

Incremento dos roubos 

Pero o caos circulatorio non é o único problema derivado da escaseza de axentes municipais senón que dende a patronal denuncian un notable incremento na comisión de roubos e actos vandálicos.

Para chegar á solución deste problema, a asociación de empresarios pediu unha entrevista cos responsables municipais de tráfico e seguridade; solicitude da que ata o momento non obtivo resposta.

Sen embargo, os empresarios confían no achegamento de posturas para que a situación se normalice de cara ó mes de setembro.

Redacción Barbanza