Os mariscadores rexeitan o saneamento unitario polos danos nos bancos

saneamentomariscadores_100_260808.jpgNOIA > Os mariscadores a flote da ría de Noia e Muros rexeitan o novo modelo de saneamento unitario que o concello de Noia pretende implantar no municipio.

{flowplayer}barbanza/saneamentomariscadores.flv{/flowplayer}

O concello de Noia está a levar a cabo unha serie de actuacións para a rexeneración da ría e entre elas está a mellora no modelo de saneamento e a construción dun pequeno emisario ou colector de vertido dende a depuradora ao mar.

No caso do modelo de saneamento preténdese, dende o executivo local, que sexa unitario; é dicir, que as augas fecais e as pluviais vaian polo mesmo tubo, polo menos na parte final que é a que marcará a forma de vertido á ría.

Sen embargo, dende a asociación de mariscadores a flote da ría de Noia e Muros non están dacordo con esta decisión, xa que consideran que deste xeito se verte directamente á ría demasiados días ó ano, por iso reclaman outra solución máis respetuosa cos bancos naturais.

Dano ós bancos marisqueiros

Por outra banda, os mariscadores demandan tamén ao concello que o colector de vertido se leve a un punto da ría que permita un grao de dilución tal que non se ocasione dano algún tanto ás persoas como á produción marisqueira, posto que segundo a entidade, a colocación prevista polo concello é totalmente inadecuada xa que desta forma, os vertidos estarían aínda máis preto dos bancos de marisco.

Dende a Asociación de mariscadores a flote da ría de Noia e Muros non dubidan do bo xuízo do executivo local, co que se veñen reunindo dende hai unhas semanas, e agardan que este problema que está a afectar a moitas familias noiesas que viven do marisqueo, chegue a solucionarse de contado e da forma máis respetuosa posible para a ría e os bancos de cultivo.

Redacción Barbanza