Os mariscadores pararán un mes para conseguir un repunte dos prezos

pechexaneiroconfrarianoia100.jpgNOIA> Os mariscadores de Noia afrontaron a súa última xornada de traballo antes do paro acordado polo pósito para conseguir que se recuperen os prezos.

{flowplayer}barbanza/pechexaneiroconfrarianoia.flv{/flowplayer}

A xunta directiva da confraría de Noia acordou parar a actividade extractiva entre o cinco de xaneiro e o once de febreiro. Así o establece o propio mercado xa que nas datas posteriores ó Nadal o prezo do bivalvo experimenta unha drástica caída.

Malia que a crise afectou á campaña de Nadal, as cifras non foron tan malas. A escaseza de marisco en boa parte das rías galegas axudou a incrementar a cotización na lonxa de Testal superando mesmo os resultados dos últimos anos.

Mortaldade

A peor parte foi para as mariscadores a pé que tiveron que parar dous días por mor das ríadas que provocaron unha alta mortaldade de bivalvo a causa da baixada na salinidade da auga. Á espera de realizar un muestreo calcúlase que morreun ó redor dun 20 por cento de berberecho e un 25 de ameixa babosa.

Tralo mes de paro, os mariscadores volverán ó traballo ata finais de marzo cando pararán definitivamente ata a próxima campaña que se presenta ben ata a gran cantidade de cría que hai actualmente nas concesións.

Redacción Barbanza