Comezan as rebaixas con descontos máis agresivos ca nunca

    VILAGARCIA> As rebaixas de xaneiro deste ano preséntanse máis madrugadoras e interesantes ca nunca;

    {flowplayer}images/salnes/rebaixas_xaneiro_040113.flv{/flowplayer}

    …chegan nesta primeira semana do ano e con descontos iniciais que en moitos dos casos superan o cincuenta por cento sobre o prezo habitual. Unha práctica que vai a axudar a moitos a completar as súas últimas compras de Reis. As estatísticas aseguran que o gasto global nestas rebaixas vai a ser de 63.9 millóns de euros na provincia, descendendo a 2.4 millóns en Vilagarcía.

    O gasto medio na Arousa por habitante roldará os setenta euros; unha cantidade que ratificaban na rúa os enquisados; aínda que moitos confesan que nin sequera van a chegar a ela. Fronte ó contento dos clientes encontrámonos ós comerciantes que ven como este adianto das rebaixas vai a acabar de estragar unha desafortunada campaña de inverno para eles.

    Desde o Instituto Galego de Consumo lembran que a nova normativa establece que son os comerciantes os que poden decidir os períodos de rebaixas que máis lle conveñen e a súa duración. Eso si, teñen que indican nun lugar ben visible do establecemento a duración das rebaixas. Neste período cada artigo debe contar co prezo anterior e co rebaixado ou a porcentaxe de desconto sobre o mesmo.

    Estes productos deben ser os propios da tenda desde alomenos un mes antes das rebaixas; nunca productos deteriorados ou traídos adrede para este período. Amais as garantías para os clientes e os métodos de pago permitidos deben ser os mesmos de sempre en cada tenda. Ante calquera incidencia cómpre gardar o ticket, e se é preciso presentar unha folla de reclamación no propio establecemento.

    Noutra orde de cousas, a Dirección Xeral de Policía vai a por en marcha a partires do luns unha campaña específica para evitar furtos nas rebaixas. Un dispositivo no que recomenda estremar a precaución tanto entre os comerciantes como entre os clientes; especialmente nas aglomeracións.

    Redacción Salnés