O BNG califica de desalentadores os datos do paro no Salnés

    VILAGARCÍA> As comarcas do Salnés e o Barbanza están á cabeza de España na destrucción de emprego.

    {flowplayer}images/salnes/BngDatosParo_040113.flv{/flowplayer} 

    Así valoraba o BNG esta mañá os datos do paro no mes de decembro. Dende a formación nacionalista calificaron de alarmante a situación pola que atravesa tanto o Salnés como o Barbanza, á cabeza de España en canto á destrucción de emprego se refire. Montse Prado considera que estes datos son reflexo da mala xestión política do Partido Popular, tanto a nivel nacional, como autonómico e municipal.

    Dende o BNG tamén quixeron valorar os orzamentos da Xunta para o 2013. Os nacionalistas cargaron contra a política de recortes, a perda de dereitos dos cidadáns ou o desmantelamento dos servizos públicos . 

    Prado e Allegue lembraron  ós populares as promesas incumpridas no 2012: as melloras e reformas dos colexios de Vilalonga ou Magariños, o centro de saúde da Illa de Arousa ou as actuacións levadas a cabo no Hospital do Salnés, que segundo eles, non respondían as demandas e necesidades da cidadanía.

    Redacción Salnés