![]()
SANXENXO> Sanxenxo presentou hoxe a nova directiva da Sociedade Musical de Sanxenxo; …
{flowplayer}images/salnes/paz_lago_sanxenxo.flv{/flowplayer}
…unha equipa que liderará unha nova etapa da xa profesional Banda de Música de Sanxenxo; un exemplo de que con tesón e esforzo, os logros chegan máis cedo ca tarde.
A nova directiva da Sociedade Musical Sanxenxo está presidida por Pedro Padín. El mesmo foi o encargado de convidar á cidadanía ó concerto de presentación da nova etapa da Banda de Música de Sanxenxo. Esta actuación terá lugar ás sete da tarde do vindeiro domingo do Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo baixo entrada de balde. Eso si, cada asistente deberá contribuír á causa solidaria cun quilo de víveres non perecedoiros.
Este concerto de Nadal xa tradicional neste Concello será a estrea dunha nova etapa desta Banda na que lucirán un repertorio clásico baixo a dirección do seu novo mestre Pedro González Villaroy.
Desde a directiva da Sociedade Musical Sanxenxo animan ós cativos de Sanxenxo a iniciarse no mundo da música; por ser esta unha actividade que espabila varias áreas do cerebro e confire unha gran riqueza cultura. Asemade suxiren á poboación á posibilidade de apoiar esta iniciativa mediante a súa asociación.
Redacción Salnés









