Marcos Guisasola desminte a súa vinculación con Nauta Sanxenxo

    SANXENXO> O concelleiro do Partido Popular en Sanxenxo, Marcos Guisasola, convocou este xoves aos medios, para desmentir a súa vinculación con Nauta Sanxenxo e cos seguros contratados polo concello. 

     

    SI admite, sen embargo, a posible duplicidade de pólizas durante o seu período como Concelleiro de Economía e Facenda con Catalina González, pero nega a súa culpa e atribúe a responsabilidade ao funcionario correspondente.

    Esta polémica ten o seu punto de partida nas recentes declaracións do tripartito que atribuían algunhas irregularidades na contratación de seguros a concellería de Economía, que no goberno anterior, levaba Marcos Guisasola. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/pp_sanxenxo_seguros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/pp_sanxenxo_seguros.mp4{/flowplayer}