Meijón: ‘O PP aproveita a crise para desmantelar o estado de benestar’

     PONTEVEDRA> O PSOE presentará emendas ós orzamentos da Xunta para o ano 2013 por valor de cincocentos millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/AlegacionsPsoeOrzamentos.flv{/flowplayer}

    Cincocentos millóns de euros en emendas relativas fundamentalmente a mellorar partidas en educación, sanidade, benestar social e sobre todo políticas de emprego. Estas son as alegacións que presentarán os socialistas pontevedreses ós orzamentos da Xunta para este 2013. Para conseguir eses cincocentos millóns solicitan un aprazamento do déficit.

    Un problema o do paro que, segundo Meijón non fará se non aumentar en vista dos orzamentos que presenta o partido popular. Ineficaces e inxustos.

    Segundo a deputada Patricia Vilán, dende o ano 2009 o gasto social e o investimento non fixo se non diminuír o que supuxo precisamente un aumento das taxas de desemprego. Nestes momentos en Pontevedra son xa 34.300 os fogares que teñen a todos os seus membros en paro.

    Con respecto á comarca do Salnés e nesta mesma liña, as emendas socialistas van dirixidas, ente outras cousas á ampliación do Hospital do Salnés, proxecto imprescindible para o PSOE.

    Outras dúas cuestión ás que tampouco hai destinada partida algunha nos orzamentos e que son obxecto de emenda son a seguridade viaria no vial PO 308, en Sanxenxo ou a ampliación do colexio da Illa de Arousa.

    Redacción Salnés