En quince días poderase comezar a alegar ó PXOM caldense

 CALDAS> O Alcalde de Caldas volveu a ratificar a importancia de contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado,…

{flowplayer}images/salnes/pxom_caldas.flv{/flowplayer}

… aínda que sexa de xeito provisional, para garantir unha seguridade xurídica á poboación e asegurar o crecemento sostible deste Concello.

Con todo, e malia a importancia deste documento, o PXOM non satisfai a ningún grupo da corporación, co que agora toca traballar nas alegacións que o modelen para chegar a melloralo. O prazo para presentar alegacións está pendente da publicación da aprobación provisional deste PXOM no DOG, que podería producirse nuns quince días.

Ata daquela non poderán presentarse as alegacións pertinentes pero si que se poden ir estudiando e preparando a documentación precisa para gañar tempo.

 Amais, para completar o acceso á información, o Concello ten previsto varios vieiros para achegar o PXOM a toda a cidadanía.

Redacción Salnés