Un cambadés de 28 anos será o novo xerente de Fexdega

    fernandoblancooutros_100_301006.jpgVILAGARCÍA > O conselleiro de Innovación e Industria anunciou que Francisco Javier Rodríguez Carballo será o novo xerente de Fexdega.

    O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, anunciou hoxe o nome do novo xerente de Fexdega elexido por unanimidade na reunión do padroado da Fundación. Trátase de Francisco Javier Rodríguez Carballo, un cambadés de 28 anos, Licenciado en Económicas e cun Máster en Administración e Dirección de Empresas.

    El será o substituto de Pedro Corbacho que deixou o seu posto o pasado mes de xuño abríndose entón convocatoria pública para cubri-la praza da que saiu Francisco Javier Rodríguez. Polo momento o elexido non se presentou publicamente xa que está en misión comercial en México, pero tomará posesión do seu cargo en 12 días.

    A primeira contratación será por un ano anque prorrogable. Cobrará unha porcentaxe en fixo e outra será variable en función dos obxectivos, entre eles, camiñar cara a autofinanciación e aumenta-lo número de feiras e o impacto socio económico destas na comarca. Ademais o novo xerente terá que empezar de inmediato a prepara-lo calendario feiral do vindeiro ano, organizando as feiras que xa están contratadas e buscando novas propostas para o recinto vilagarcián.

    Redacción Salnés