SALNÉS> Xa deu comezo en Vilagarcía o Campionato de España de Clase Snipe, para categorías Xuvenil e Femenino. Coa climatolxía adversa tan só puideronse disputar dúas mangas. Bernardo Paz e Óscar Lages, e Loreto Núñez e Carmen Vergara lideran as respectivas clasificacións.
Arrancou o LXVIII Campionato de España de Clase Snipe organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía. Antes da chegada dos participantes en categoría absoluta, están a competir as tripulacións xuvenís e femeninas.
A primeira xornada de competición, a de onte, non auguraba unha metereoloxía favorable para a práctica da vela. Finalmente, e despois dunha hora de aprazamento en terra, o Comité presidido por Luis de Mira, puido ordenar a saída ó auga das embarcacións grazas ó cese da intensa chuvia que dende a primeira hora da mañá tomou as inmediacións do Porto de Vilagarcía, cunha densa néboa que dificultaba a visibilidade.
A primeira proba correuse a gran velocidade grazas ós 18 nós cos que sopraba o vento, de compoñente suroeste. Tras un pequeno parón, púidose celebrar tamén unha segunda manga, cun vento da mesma dirección pero de menor intensidade.
Dúas tripulacións do club anfitrión lideran ambas categorías. Bernardo Paz e Óscar Lages, do Liceo Casino de Vilagarcía son primeiros con 4 puntos ó ter sumado un primeiro e un terceiro. Por detrás, os malagueños José María Guerrero e André del Riego finalizaron segundos tras rematar en quinta posición a primeira manga e gañar a segunda. Martínez e Utrera son terceiros con oito puntos.
En categoría femenina, as tamén locais Loreto Núñez e Carmen Vergara sumaron 4 puntos, ó acadar un terceiro posto e un primeiro. Coa mesma puntuación pero en segunda posición atópanse as almerienses Marta e Ángela Hernández. Ángela Pumariega e Carmen Mateo, do Real Club Astur de Regatas, con 5 puntos, mantéñense na pugna polo liderato nunca categoría, a femenina, que promete ser iguladísima ata a última manga.
Redacción Salnés