Os veciños de Vilagarcía tamén se opoñen á zona azul de pago

     VILAGARCIA> Falámoslles hoxe de novo da zona azul de pago en Vilagarcía. Se estes días atrás eran os comerciantes…

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_zona_azul_pago.flv{/flowplayer}

    … os que protestaban por esta medida, agora son os veciños os que aseguran que, se lles cobran, terá que buscarse outras alternativas: entre elas renunciar a mercar no casco urbán.

    O total dos entrevistados valora moi negativamente esta medida á que lle atribúen simplemente un afán recadatorio no peor dos momentos posible.

    Entenden que esta non é a época para gravar ó cidadán nin para impoñer medias que repercutan negativamente contra a economía dos pequenos empresarios locais; en favor das grandes áreas comerciais.

    Os peor parados son os que acoden ó centro a traballar, que aínda non saben como han de facer para non pagar ese alto canón por deixar o seu coche na rúa namentres exercen a súa profesión; especialmente os días de intensa chuvia como os destes últimos meses.

    Redacción Salnés