Poio aposta polo tenis e por Monte Baldío

 POIO> O concello de Poio está decidido a potenciar as pistas de tenis de Monte Baldío, na parroquia de Raxó. Tralas reformas efectuadas, o goberno local aposta agora por enchelas de contido, como o traslado das escolas deportivas deste deporte a estas instalacións e a organización dunha liga sénior.

 

Tras reformar as pistas de tenis de Monte Baldío, o concello está decidido a enchelas de contido.

O goberno local aposta tamén por relanzar a práctica do tenis no municipio. De feito, xa está en marcha unha liga sénior deste deporte que conta con vintecinco inscritos.

Neste esforzo tamén terá un papel importante o deporte base. A intención do goberno é que as Escolas Deportivas de Tenis se trasladen, sempre que o tempo o permita, ás instalacións de Monte Baldío.

Estas accións están incluídas no marco do programa Poio Móvese.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/programacion_pista_tenis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/programacion_pista_tenis.mp4{/flowplayer}