Xa están en marcha as obras do parque empresarial de Té

    parqueempresarialte_100_210109.jpgRIANXO> A empresa adxudicataria xa iniciou as actuacións para as conducións da rede eléctrica e de auga.

    A partir do día 27 de xaneiro, os propietarios afectados polo polígono industrial de Té en Rianxo, comezarán a cobrar as expropiacións. O proceso desenvolverase no centro sociocultural de Taragoña ata o día 11 de febreiro, data para a cal están convocados os últimos propietarios. A partir de entón, a empresa adxudicataria poderá ocupar os terreos e proceder á urbanización do parque que se prevé que estea rematada nun prazo de nove meses, antes de final de ano.

    Prezo razoable

    O polígono ocupará unha superficie de 350 mil metros cadrados, dos cales douscentos mil destinaranse á ubicación das empresas. Dende o concello agardan que o prezo do metro cadrado acade un valor intermedio e non se sitúa entre os máis elevados da comunidade.

    Excelente ubicación

    Aínda así entenden que a excelente ubicación do parque conectado directamente coa autovía do Barbanza pode influír na suba do prezo das parcelas.

    Redacción Barbanza