Sen rastro de Diego Martinez

    mozodesaparecidocambados1 copia.jpg CAMBADOS> O mozo de 31 anos falta desde o luns. Está a tratamento psicolóxico e precisa medicación.

    {flowplayer}images/salnes/busca_mozo_vilarino.flv{/flowplayer}

    Ó parecer Diego tiña previsto acudir na mañá do luns á oficina de emprego e tamén á da asistenta social e quedou de chamar á casa para que o recollesen se chovía. Si choveu, pero nin chamou nin apareceu á hora de comer pola casa. A familia está moi preocupada porque Diego Martínez está a tratamento psicolóxico e non debe suspender a medicación, por iso xa deron a a voz de alarma o mesmo luns da desaparición. Sen embargo, ó tratarse dun adulto, a garda Civil non puido activar a búsqueda oficial ata pasadas 24 horas.

    Os familiares colgaron na rúa e difundiron nas redes sociais carteis cunha foto recente do home e piden a colaboración cidadá. Quen teña algunha nova do seu paradoiro pode avisar ó 062 ou chamando á Policía Nacional ou á Garda Civil. O luns pola mañá Diego vestía cazadora marrón, pantalón negro con moitos petos, botas negras e bufanda verde e ía recen afeitado.

    Redacción Salnés