O saneamento integral é unha das prioridades do executivo rianxeiro

    RIANXO> Ó tratarse de proxectos de gran custe, o concello debe agardar a chegada de fondos doutras Administracións para ir desenvolvendo estas actuacións.

    {flowplayer}barbanza/actuacionssaneamentorianxo.flv{/flowplayer}

    O executivo rianxeiro camiña cara o saneamento integral do municipio. Actualmente o 80% das vivendas do concello atópanse xa conectadas á rede municipal. aínda así restan aldeas e núcleos illados en distintas parroquias como é o caso da do Araño, que a día de hoxe teñen pendente de realizar este servizo básico. Dende o equipo de goberno afirman que por si sos as arcas municipais non poden facer fronte a estas actuacións, xa que se tratan de proxectos custosos, polo que agardan polo Plan de Saneamento da Ría de Arousa para o período 2010-2014 con fondos europeos para poder realizalos.

    Melloras na actual rede

    Con cargo a este mesmo Plan prevese tamén a mellora da actual rede municipal de saneamento coa construción dun novo colector, un tanque de tormentas e un novo depósito para a EDAR.

    Redacción Barbanza